Saltar a contenido

A Asociación de Sistemas Informáticos (Association for Computer Machinery), a primeira sociedade científica e educativa sobre computación, creada en 1949, axuntou algunhas boas razóns polas que cómpre estudar informática.

  • A informática é parte de todo o que facemos, está presente na maioría das facianas da nosa vida e é un coñecemento esencial do noso tempo.
  • A experiencia en cuestións informáticas exercítanos para resolver problemas complexos e poder enfrontarnos, con imaxinación e creatividade, a novos retos.
  • A informática permite promover cambios positivos na nosa sociedade e é unha ferramenta innovadora para o desenvolvemento humano.
  • A informática proporciona acceso a especialidades profesionais ben remuneradas, cóntase entre as mellor pagadas e entre as que achegan maiores satisfaccións.
  • Mesmo nos peores contextos económicos, hai unha importante demanda de persoas cualificadas nas empresas informáticas e das tecnolóxicas da información.
  • A informática ofrece grandes oportunidades de innovación, o talento é a súa materia prima.
  • A informática dá soporte transversal a moitos outros campos profesionais, é basica para moitos servizos e empresas: industrias culturais, telecomunicacións, ocio, eduación, sanidade...
  • A informática achega unha formación de base para calquera outra formación académica.
  • A informática desenvólvese combinando traballo colaborativo e esforzo individual, progresa grazas ao recoñecemento das capacidades das persoas e á intelixencia colectiva dos equipos.
  • A informática non ten fronteiras, nin límites prefixados, é un campo aberto a infinitas posibilidades.