Onde estudar
-
Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI)
Universidade de Vigo
A Escola Superior de Enxeñaría Informática comezou a súa andaina no ano 1991 como centro de referencia da Universidade de Vigo.A ESEI atópase no Edificio Politécnico do Campus de Ourense e conta cun cadro de persoal de máis de 60 docentes, encargados de impartir titulacións relacionadas coa Enxeñaría Informática.
Grao en Enxeñaría Informática
É unha titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, organizada en catro anos (240 ECTS) e adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao estudante dunha formación xeneralista nas principais áreas propias da Informática e consta de dúas especialidades: Enxeñaría de Software e Tecnoloxías da Información.
Máis infoMáster Universitario en Enxeñaría Informática
Un curso e medio (90 ECTS adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior) que ten como obxectivo dotar ao titulado dunha profunda formación en temas de dirección e xestión da área de tecnoloxías da información, así como sólidos coñecementos en tecnoloxías e competencias específicas asociadas a diferentes perfís profesionais.
Máis info -
Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE)
Universidade de Santiago de Compostela
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) foi creada no ano 2003, sendo o centro docente máis novo da Universidade de Santiago de Compostela cun cadro de persoal que suma máis dun centena de docentes. Acolle as titulacións tecnolóxicas do Campus de Compostela: Enxeñaría Química e Enxeñaría Informática.
Grao en Enxeñaría Informática
É unha titulación totalmente adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior, cunha duración de 4 anos. O seu obxectivo fundamental é proporcionar unha formación intensiva no deseño, desenvolvemento e xestión de sistemas, servizos e aplicacións informáticas, cunha formación de amplo espectro e de fácil adaptación a distintos ámbitos de traballo.
Máis infoDobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas
O obxectivo desta dobre titulación, organizada en seis cursos, é formar a futuros profesionais no pensamento abstracto e o argumento lóxico que caracteriza ás matemáticas e misturalo co dominio dos fundamentos teóricos e as habilidades prácticas propias da Informática. Este perfil dobre ten gran demanda no mercado laboral por estar especializada no cálculo e a simulación numérica (metereoloxía, industria...), no modelado de sistemas (medicina, bioloxía...), na computación en informática gráfica (multimedia, contidos dixitais...) ou na análise estatística de datos (economía e finanzas, redes sociais...).
Máis infoMáster en Big Data
Consta dun único curso académico (60 ECTS) con tres grandes bloques formativos: Big Data, Ciencia de Datos e Aplicacións de Negocio. A formación está orientada a graduados en diversos ámbitos: Informática, Matemáticas, Física e outras ciencias e enxeñarías. A docencia é impartida conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Murcia.
Máis info -
Facultade de Informática
Universidade da Coruña
A Facultade de Informática ten a súa orixe na Escola Universitaria de Informática que a Universidade de Santiago creou en A Coruña en 1986. Funciona desde 1991, xa como Facultade de Informática, dependente da Universidade da Coruña no seu campus de Elviña. O seu cadro de persoal está formado por algo máis de 180 docentes.
Grao en Enxeñería Informática
Integra o estudo das Tecnoloxías Específicas da Enxeñería Informática. Ten unha duración de 4 anos (240 créditos ECTS), tendo no terceiro curso a posibilidade de elixir entre as cinco especialidades de Computación, Enxeñería de Computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da Información e Enxeñería do Software. O Grao en Enxeñería Informática achega coñecementos e competencias para traballar como programador de sistemas informáticos, como director, xestor ou consultor de tecnoloxías da información, como analista de tecnoloxías da información ou como analista de sistemas informáticos.
Máis infoMáster en Enxeñería Informática
Consta de 90 créditos ECTS, 60 en dez materias de primeiro curso e 30 créditos en segundo curso, adicados a realizar prácticas en empresa e o Traballo Fin de Mestrado. Permite o contacto co mundo profesional e empresarial e ampliar, actualizar e consolidar os coñecementos necesarios para o desenvolvemento profesional de calquera persoa titulada en Informática.
Máis info -
Centros FP
CB Informática e comunicacións
Aprendizaxe para reaalizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e electrónicos.
A Coruña
- Boiro. IES Espiñeira. Tel.: 981847677. email: ies.espineira@edu.xunta.es
- Coruña, A.
- IES Fernando Wirtz Suárez. Tel.: 981230643. email: ies.fernando.wirtz@edu.xunta.es
- CPR Nebrija Torre de Hércules. Tel.: 981259006. email: nebrija@edu.xunta.es
- Ribeira. IES Leliadoura. Tel.: 981874633. email: ies.leliadoura@edu.xunta.es
Lugo
Monterroso. IES Monterroso. Rel.: 982377609. email: ies.monterroso@edu.xunta.es
Xove. IES Illa de Sarón. Tel.: 982592168. email: ies.illadesaron@edu.xunta.es
Ourense
Ourense.
- CFIP A Carballeira - Marcos Valcárcel. Tel.: 988221312. email: cifp.caraballeira@edu.xunta.es
- CPR San Martín. Tel.: 982221990. email: cpr.estudios.sanmartin@edu.xunta.es
Pontevedra
- Nigrán. IES Escolas Proval. Tel.: 986369402. email: ies.escolas.proval@edu.xunta.es
- Vigo. IES Plurilingue San José de la Guía. Tel.: 986376153. cpr.sanjose.delaguia@edu.xunta.es
- Vilagarcía de Arousa. IES Armando Cotarelo Valedor. Tel.: 986512311. email: ies.cotarelo.vilagarcia@edu.xunta.es
CB Informática de oficina
Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos.
A Coruña
- Ames. IES P:urilingüe de Ames. Tel.: 981891589. email: ies.ames@edu.xunta.es
- Cambre. IES Afonso X O Sabio. Tel.: 981651025. email: ies.afonsox.cambre@edu.xunta.es
- Ferrol. CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Tel.: 881930145. email: cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.es
- Muros. IES PLuriligüe Fontexeira. Tel.: 981827225. email: ies.fontexeira@edu.xunta.es
- Pontes de García Rodríguez, As. IES Castro da Uz. Tel.: 9818272225. email: ies.castrodauz@edu.xunta.es
- Zas. IES Maximinio Romero Lema. Tel.: 981719149. email: maximino.romero.lema@edu.xunta.es
Lugo
- Cervo. IES Marqués de Sargadelos. Tel.: 982593100. email: ies.marques.sargadelos@edu.xunta.es
- Lugo. IES Muralla Romana. Tel.: 982212010. email: ies.muralla.romana@edu.xunta.es
- Vilalba. IES Lois Peña Novo. Tel.: 982510951. email: ies.lois.pena.novo@edu.xunta.es
- Fonsagrada, A. IES Plurilingüe Fontem Albei. Tel.: 982340156. email: ies.fontem.albei@edu.xunta.es
Ourense
- Bande. IES Aquis Querquernis. Tel.: 988443157. email: ies.aquis.querquernis@edu.xunta.es
- Maceda. IES San Mamede. Tel.: 988463286. email: ies.san.mamede@edu.xunta.es
- Rúa, A. IES Cosme López Rodríguez. Tel.: 988310833. email: ies.cosme.lopez@edu.xunta.es
- Viana do Bolo. IES Carlos Casares. Tel.: 988340086. email: ies.viana.bolo@edu.xunta.es
Pontevedra
- Cambados. IES Francisco Asorey. Tel.: 986520161. email: ies.francisco.asorey@edu.xunta.es
- Cañiza, A. IES da Cañiza. Tel.: 986651347. email: ies.caniza@edu.xunta.es
- Lalín. IES Ramón Mª Aller Ulloa. Tel.: 986780114. email: ies.aller.ulloa@edu.xunta.es
- Marín. IES Chan do Monte. Tel.: 986883305. email: ies.chan.monte@edu.xunta.es
- Neves, As. IES Pazo da Mercé. Tel.: 986648455. email: ies.pazo.merce@edu.xunta.es
- Ponteareas. IES de Ponteareas. Tel.: 986644406. email: ies.ponteareas@edu.xunta.es
- Porriño, O. IES Pino Manso. Tel.: 986330220. email: ies.pinomanso@edu.xunta.es
- Vigo. IES de Teis. Tel.: 986373811. email: ies.teis@edu.xunta.es
CM Sistemas informáticos e redes
Instalar e manter sistemas microinformáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenas contornas, asegurando a súa funcionalidade e aplicando os protocolos establecidos de calidade, seguridade e respecto polo medio.
A Coruña
- A Coruña
- IES Cabo Ortegal. Tel.: 981405178. email: ies.cabo.ortegal@
- IES Fernando Wirtz Suárez. Tel.: 981230643. email: ies.fernando.wirtz@edu.xunta.es
- Curtis. IES de Curtis. Tel.: 981786100. email: ies.curtis@edu.xunta.es
- Ferrol. CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Tel.: 881930145. email: cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.es
- Pontes de García Rodríguez. IES Castro da Uz. Tel.: 9818272225. email: ies.castrodauz@edu.xunta.es
- Santiago de Compostela. IES San Clemente. Tel.: 981580496. email: ies.sanclemente@edu.xunta.es
- Zas. IES Maximinio Romero Lema. Tel.: 981719149. email: maximino.romero.lema@edu.xunta.es
Lugo
- Lugo. IES Muralla Romana. Tel.: 982212010. email: ies.muralla.romana@edu.xunta.es
- Monforte. IES A Pinguela. Tel.: 982403111. email: ies.pinguela@edu.xunta.es
- Monterroso. IES Monterroso. Rel.: 982377609. email: ies.monterroso@edu.xunta.es
- Xove. IES Illa de Sarón. Tel.: 982592168. email: ies.illadesaron@edu.xunta.es
Ourense
- Maceda. IES San Mamede. Tel.: 988463286. email: ies.sanmamede@edu.xunta.es
- Ourense. CFIP A Carballeira - Marcos Valcárcel. Tel.: 988221312. email: cifp.caraballeira@edu.xunta.es
Pontevedra
- Estrada, A. IES Antón Losada Diéguez. Tel.: 986570336. email: ies.losada.dieguez@edu.xunta.es
- Guarda, A. IES A Sangriña. Tel.: 986609015. email: ies.sangrina@edu.xunta.es
- Lalín. IES Ramón María Aller Ulloa. Tel.: 986780114. email: ies.aller.ulloa@edu.xunta.es
- Marín. IES Chan do Monte. Tel.: 986883305. email: ies.chan.monte@edu.xunta.es
- Neves, As. IES Pazo da Mercé. Tel.: 986648455. email: ies.pazo.merce@edu.xunta.es
- Vigo
- IES de Teis. Tel.: 986373811. email: ies.teis@edu.xunta.es
- CPR Pluriingüe Montecastelo. Tel.: 986412488. email: cpr.montecastelo@edu.xunta.es
- Vilagarcía de Arousa. IES Armando Cotarelo Valedor. Tel.: 986512311. email: ies.cotarelo.vilagarcia@edu.xunta.es
CS Administración de sistemas informáticos en rede
Configurar, administrar e manter sistemas informáticos, garantindo a funcionalidade e a integridade dos recursos do sistema, coa calidade e conforme a regulamentación.
A Coruña
- Carballo. IES Isidro Parga Pondal. Tel.: 981756808. email: ies.parga.pondal@edu.xunta.es
- Coruña, A. IES Fernando Wirtz Suárez. Tel.: 981230643. email: ies.fernando.wirtz@edu.xunta.es
- Ferrol. CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Tel.: 881930145. email: cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.es
- Negreira. IES Xulián Magariños. Tel.: 981885349. email: ies.xulian.magarinos@edu.xunta.es
- Ribeira. IES Leliadoura. Tel.: 981874633. email: ies.leliadoura@edu.xunta.es
- Santiago de Compostela. IES San Clemente. Tel.: 981580496. email: ies.sanclemente@edu.xunta.es
Lugo
- Lugo. IES Muralla Romana. Tel.: 982212010. email: ies.muralla.romana@edu.xunta.es
- Vilalba. IES Lois Peña Novo. Tel.: 982510951. email: ies.lois.pena.novo@edu.xunta.es
Ourense
- Ourense. CFIP A Carballeira - Marcos Valcárcel. Tel.: 988221312. email: cifp.caraballeira@edu.xunta.es
Pontevedra
- Cangas. IES de Rodeira. Tel.: 986303933. email: ies.rodeira@edu.xunta.es
- Marín. Marín. IES Chan do Monte. Tel.: 986883305. email: ies.chan.monte@edu.xunta.es
- Vigo
- IES de Teis. Tel.: 986373811. email: ies.teis@edu.xunta.es
- CPR Daniel Castelao. Tel. 986442121. email: cpr.daniel.castelao@edu.xunta.es
- Vilagarcía de Arousa. IES Armando Cotarelo Valedor. Tel.: 986512311. email: ies.cotarelo.vilagarcia@edu.xunta.es
CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma, utilizando tecnoloxías e contornos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
A Coruña
- Coruña, A
- IES Fernando Wirtz Suárez. Tel.: 981230643. email: ies.fernando.wirtz@edu.xunta.es
- CPR Afundación A Coruña. Tel.: 981236552. cpr.afundacion.acoruna@edu.xunta.es
- Ferrol. CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Tel.: 881930145. email: cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.es
- Santiago de Compostela. IES San Clemente. Tel.: 981580496. email: ies.sanclemente@edu.xunta.es
Lugo
- Lugo. IES Muralla Romana. Tel.: 982212010. email: ies.muralla.romana@edu.xunta.es
Ourense
- Ourense. CFIP A Carballeira - Marcos Valcárcel. Tel.: 988221312. email: cifp.caraballeira@edu.xunta.es
Pontevedra
- Marín. IES Chan do Monte. Tel.: 986883305. email: ies.chan.monte@edu.xunta.es
- Vigo
- IES de Teis. Tel.: 986373811. email: ies.teis@edu.xunta.es
- CPR CEBEM. Tel.: 986429888. email: cpr.cebem@edu.xunta.es
- CPR Daniel Castelao. Tel. 986442121. email: cpr.daniel.castelao@edu.xunta.es
- CPR Vivas. Tel.: 986227085. email: cpr.vivas@edu.xunta.es
CS Desenvolvemento de aplicacións web
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar e manter aplicacións web, con independencia do modelo empregado e utilizando tecnoloxías específicas, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.