Saltar a contenido
  • Aula CEMIT Abegondo

    Programación orientada á robótica mediante a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP).

    • Obradoiros para nenas e nenos

      Obradoiro de programación orientada á robótica, onde as rapazas e os rapaces poderán facer unha iniciación á programación (orientada a robótica) e á electrónica (con Arduino e Makey Makey) mediante a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) e o traballo en equipo.

      A inscrición faise na Aula CEMIT e é gratuíta. hai que anotarse antes, pois as prazas son limitadas. Podes facelo online, ou contactando coa CEMIT.

    • Tecnoloxía ben segura para nais e pais

      Faladoiro onde se lles presentarán ás nais e aos pais os riscos que os fillos corren en redes sociais e internet se non toman precaucións. O evento terá unha hora de exposición e logo outra hora para dúbidas, debate e procura de solucións.

      O faladoiro para nais e pais é gratuíto

      .
  • Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia Santiago de Compostela

    Transformación dixital e talento.

    • Xornada para estudantes de universidade e público xeral

      Os relatores que participarán no encontro, seleccionados polo seu perfil inspirador, son exemplo de éxito profesional: Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, Director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, cofundador e CEO de Cyberclick.

      A xornada terá unha duración de aproximadamente 4 horas. [Inscríbete](https://XTdT.eventbrite.es). O mago mentalista Javier Luxor actuará de condutor do acto e realizará algunha pequena actuación.